ABRUPTO

3.9.04


O OUTRO LADO DOS SANTOS: PARA CONTRAPOR AO BOM PADRE VIEIRA QUE FALA LÁ EM BAIXO NA PARTE JÁ ESQUECIDA DO BLOGUE

San António bendito,
dáde-me un home,
anque me mate,
anque me esfole.

Meu Santo António,
daime un homiño
anque o tamaño tenã
dun gran de millo.

Daimo, meu santo,
anque os pés teña coxos,
mancos os brazos.

Unha muller sin home…
!santo bendito!
é corpiño sin alma,
festa sin trigo.

Pau viradoiro,
que onda queira que vaia
troncho que troncho.

Mais en tendo un homiño
!Virxe do Carme!
non hai mundo que chegue para un folgarse.

Que zambo ou trenco,
sempre é bo ter un home
para un remédio.

Eu sei dun que cobisa
causa mirarlo,
lanzaliño de corpo,
roxo e encarnado.

Carniñas de manteiga,
e palabras tan doces
cal mentireiras.

Por el peno de dia,
de noite peno,
pensando nos seus ollos
color do ceo.

Mais el xa doito,
de amoriños entende,
de casar pouco.


Face meu San António
que onda min veña,
para casar conmigo,
nena solteira,

Que levo en dote
unha culler de ferro
catro de boxe,

In irmancito novo
que xa ten dentes,
una vaquiña vella
que non dá leite...

¡Ai! Meu santiño,
facé que tal suceda,
cal volo pido.

San António bendito,
dáde-me un home,
anque me mate,
anque me esfole.

Que zambo ou trenco,
sempre é bo ter un home
para un remédio.


(Rosalia de Castro)

(url)

© José Pacheco Pereira
Site Meter [Powered by Blogger]